CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN

ENGLISH

O sistema de cualificación para os instrumentos de avaliación é o seguinte e son os mesmos para todos os cursos da ESO.

Probas
Levaranse a cabo distintas probas ó longo do trimestre tendo importancia todas e cada unha delas o tratarse dunha avaliación contínua, sumativa e progresiva. As probas que se poden levar a cabo son as seguintes : Probas específicas de vocabulario, listenings comprehension, reading comprehension, writing sobre diferentes tópicos e speaking para valorar a sua competencia en expresión oral. As probas poderán ser postas con aviso ou simplemente ao chegar a clase para comprobar se os alumnos seguen o desenvolvemento da mesma e fan as tarefas propostas polo profesor ou profesora. Todas estas probas significarán o 40% da nota da avaliaciónNas probas escritas non se poderá deixar ningunha das partes en branco.

Exame final da avaliación

O exame de avaliación contará cos seguintes apartados:
  • Vocabulario
  • Gramática
  • Lectura comprensiva
  • Expresión escrita
  • Expresión oral: Esta última parte se fará avisando ó alumno coa suficiente antelación para que prepare o tema na casa e o expoña diante do profesor/a cando se lle indique.
Esta proba que incluirá todo o traballado ó longo do trimestre será sempre acumulativa ,non quedando eliminados ningún dos contidos de trimestres ou cursos anteriores. O valor da mesma será dun 50 %.

Actitude
A actitude do alumno/a na cara a asignatura terá un valor do10%. Neste apartado avaliarase o uso das novas tecnoloxías, o traballo na aula, a participación, o interese pola materia, o comportamento, o respeto ás normas do centro e da clase... .a realización dos deberes, a presentación e organización do caderno....

FRANÇAIS

O sistema de cualificación para os instrumentos de avaliación sería o seguinte: 


Probas puntuais de gramática, vocabulario,comprensión escrita,expresión escrita, comprensión oral, lectura e expresión oral . ( 20% ).
Exame escrito de avaliación que constará das diferentes destrezas( gramática, expresión escrita, comprensión oral (50%) .A nota do exame será a media das diferentes destrezas. Non se fará media si se deixa algunha das destrezas en branco . É obrigatorio
facer tódalas destrezas e obter en cada unha un mínimo de 4. O exame poderá ter lugar en diferentes sesións.
Esforzo,traballo diario (10%)
Expresión oral(20%):Para avaliar a expresión oral terase en conta tanto a participación espontánea como unha proba específica ( o alumno será avisado con anterioridade para que poida preparalo tema/temas)
Dado que é unha avaliacion continua non se farán probas de recuperación pero en todos os exames de avaliación entrará a materia vista anteriormente..
Sumaranse as porcentaxes sempre e cando a nota mínima nas probas escritas sexa un 4.
SETEMBRO
Para recuperala materia, no mes de setembro, o alumno deberá realizar unha proba escrita( gramática, comprensión escrita, expresión escrita),unha proba de comprensión oral e unha proba de expresión oral. Para superar a materia terá que obter unha media de 5 puntos. É imprescindible realizar todas as probas e cada unha das partes. Non se poden deixar destrezas en branco porque non se faría media.
Para a cualificación final de xuño farase unha media aritmética ponderada cos seguintes pesos:
  • 1ª avaliación: nota  multiplicada port 1
  • 2ª avaliación: nota multiplicada por 2
  • 3ª avaliación: nota multiplicada por 3